Niveis e Categorías

Atención, abrir en una nueva ventana. PDFImprimir

A Ximnasia Rítmica é un deporte có que se desenrolan, mediante unha actividade creativa, un sin fin de cualidades e capacidades físicas como flexibilidade, forza ou coordinación, e que presenta unha gran variedade de movementos, algunhos deles inimaxinables.

Perfección, elegancia, expresión e beleza son algunhos dos seus adxetivos máis significativos. Básase nun traballo de coreografías; exercicios de ximnasia con diferentes aparellos: corda, aro, pelota, mazas, cinta ou mans libres, acompañados sempre de música.

Se pode practicar en dous modalidades: A modalidade individual e  a modalidade de conxunto, nos niveles de competición Escolar, Promoción, Base e ederado.

No Clube Acordes realizamos un seguemento personalizado das ximnastas, debido a que cada una evoluciona dun xeito diferente dependendo das condicions físicas e psicológicas, do seu traballo e entrega. Por isto e polo ben dos deportistas, o corpo técnico do Clube, tras valorar as suas evolucions, conforma os equipos dos diferentes niveis de competición para cada tempada, có obxetivo de alcanzar, progresivamente, o desenrrolo máis completo earmónico de cada ximnasta. Algo que non conseguiríamos saltando fases de aprendizaxe, pretendendo facelas evolucionar moi deprisa.

 

NIVELES DE COMPETICIÓN

· Escolar: Nivel no que se inician as ximnastas dende os 7 anos,no que o obxetivo principal é socializarse con outros deportistas mediante a participación, dende un punto de vista lúdico, en exhibicions, torneos e campionatos, provinciais e autonómicos, únicamente na modalidad de conxuntos.

· Promoción: Nivel no que poden participar ximnastas dende os 7 anos, e o seu obxetivo principal é promocionar a práctica deste deporte, participando en exhibicions, torneos e campionatos, provinciais e autonómicos, tanto na modalidade de conxuntos como na modalidade individual.

· Base: Nivel con participación Nacional. As ximnastas poden particpar dende os 7 anos na modalidade de conjuntos e na modalidade individual. Adquirir os valores propios que nos ofrece a competición deportiva é o  obxetivo de esta etapa.

· Federado: Nivel de rendemiento deportivo. Dende os 8 anos as ximnastas compiten na modalidade individual e na modalidade de conxuntos.

 

XIMNASIA ESTETICA

A Ximnasia Estética de Grupo É un deporte no que se compite cun grupo de entre 6 a 12 ximnastas. A composición do programa de competición debe resultar como unha historia, donde a música, expresión e dificultades ejecutadas conformen unha unidad. É un deporte no que se permite realizar un traballo de elevaciones entre as propias ximnastas e é máis libre que a ximnasia rítmica en relación ó movemento permitido, á música utilizada e á creación da coreografía.

No Clube Acordes contamos con equipos de Ximnasia Estética, que compiten no panorama Nacional e Internacional.